Escoitar

O Concello abrirá en tres semanas "o primeiro parque para o esparcemento canino da cidade"

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, informou este mércores do inicio onte dos traballos de construcción do primeiro parque habilitado para cans da cidade, na rúa Joaquín García Picher -próximo a Jacinto Benavente-, que contará con 500 m2. Ademais, o Concello habilitará outro espazo de 2.000 m2 no Monte dos Pozos e baralla máis ubicacións para implantalos pola cidade.

mércores, 13 xuñ 2012
1339588257chus.jpg
En rolda de prensa, Chus Lago informou que onte martes comezaron os traballos de construción deste primeiro recinto habilitado para os cans, que terá 500 metros cadrados de superficie, valado con porta dobre para unha "maior seguridade", bebedeiros e xabre desinfectado.

Este parque -sito na confluencia entre as rúas Coruña e Jacinto Benavente- estará concluído nunhas tres semanas, está a ser construído polos traballadores do plan de emprego municipal UTIL e está asentado en terreos municipais, rebaixando o seu custo ata 8.000 euros.

A edil avanzou que o Concello está a traballar noutra zona para esparcemento de cans, no Monte dos Pozos, de maior tamaño, 2.000 metros cadrados. Este recinto estará acotada e con paneis informativos con recomendacións e normas de usos.

O goberno local estuda ampliar esta oferta cunha zona de baño e novas ubicacións, como poderían ser os parques do Castro e Castrelos, e no entorno da Praza de María Xosé Queizán, similiar ao que xa está en obras. "Comezamos por esto e a idea é ir implantando este tipo de parques e de zonas ao longo de toda a cidade", concluíu Lago.
Descargar todas as imaxes