Escoitar

Vigo acollerá por segunda vez a entrega dos premios da Fundación Luis Tilve

Os responsables da Fundación Luis Tilve trasladaron hoxe martes a súa intención de organizar en Vigo a próxima entrega dos premios solidarios Luis Tilve. O rexedor mantivo un encontro co secretario da Fundación, Roxelio Pérez Poza e o secretario xeral de UXT Vigo, Antonio Juste.

martes, 12 xuñ 2012
1339500980tilve.jpg
A Fundación Luis Tilve organizará en Vigo, no próximo mes de outubro, a entrega de premios anual que organizan desde o ano 2006 e que, por segunda vez, se desarrollará en Vigo. Esta entidade cultural, creada por iniciativa de UXT en 1989, outorgará nesta edición catro galardóns nas seguintes categorías: Traballo digno, acción solidaria, defensa do medio ambiente e dos bens comúns e, por último, investigación e divulgación histórica.
Descargar todas as imaxes