O Imaxina Sons chega á oitava edición cun orzamento axustado sen mermar a calidade
O alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, e o director artístico do evento, Nani García, presentaron este martes a nova edición do Festival de Jazz de Vigo, que traerá a distintos espazos da cidade novas propostas locais, nacionais e internacionais do 21 ao 30 de xuño.
Abel Caballero defendeu que "a crise non deteña a cultura" e avogou por manter "todos os esforzos" para conseguilo. O orzamento do festival cae dos 300.000 aos 170.000 euros polas dificultades económicas pero a calidade e a cantidade da proposta non se ve rebaixada, segundo indicaron os ponentes.
Vigo acollerá 11 actuacións -polas 12 do 2011- en recintos como o Salón de Actos do MARCO, o Conservatorio Superior de Música, o Auditorio Municipal, a Praza da Constitución e, coma novidade, a terraza do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". As entradas deste evento, promovido e organizado polo Concello, son de balde ata completar aforo salvo os concertos no MARCO e no Auditorio Municipal, que custarán 3 e 5 euros respectivamente.
Tanto Caballero como Abelairas e García subliñaron que o Imaxina Sons é un festival de jazz referencial na Península e destacado entre os músicos e a crítica en toda Europa. A oitava edición desta cita traerá á cidade a 80 músicos e 25 traballadores.
Xunto á programación habitual, composta por artistas locais, nacionais e internacionais, o Concello de Vigo programa unha serie de actividades complementarias como o Imaxina na Rúa -actuacións pola cidade a cargo de escolas de jazz de Galicia-, pasarrúas e o Jazz na Noite, concertos no Xancarajazz e no Contrabajo, salas viguesas que inclúen o jazz habitualmente na súa oferta musical.
Descargar todas as imaxes