Escoitar

Caballero reitera o compromiso co emprego, o gasto social e as contas saneadas no balance do primeiro ano de goberno

O alcalde de Vigo presentou hoxe luns o balance do primeiro ano de Goberno da súa segunda lexislatura ao frente do Concello de Vigo. Rodeado dos concelleiros, aos que lles agradeceu o seu traballo, Caballero ratificou o seu compromiso co emprego, as políticas de benestar e o mantemento dunhas contas saneadas.

luns, 11 xuñ 2012
1339421778balance.JPG
O Goberno municipal proseguiu durante este primeiro ano de mandato co proceso de humanizacións que comezou a pasada lexislatura e avanzou que nestes 12 meses reformáronse 7,5 kilómetros de rúas, 25.600 metros cuadrados, máis de 200 novos puntos de luz e 500 novas árbores prantadas. Así o explicou Caballero na presentación do balance do primeiro ano de Goberno do seu segundo mandato como alcalde, nun acto organizado no Auditorio Municipal que contó coa presenza de todos os concelleiros e representantes de asociacións veciñais, sindicatos, movementos sociais e empresariais. Este proceso humanizador, que xenera 1.400 postos de traballo, supuxo un investimento de 20 millóns de euros, aos que se suman outro 1,7 millón de euros para reformas en dezaoito parroquias.

Estas inversións son posible "porque temos o Concello máis saneado de España", con cero euros de débeda a proveedores, coa menor débeda por habitante de todo o país. Cun orzamento aprobado de 220 millóns,-o quinto consecutivo- no que se incrementa o gasto social, o investimento xerador de emprego, a reducción da débeda pública, a diminución da carga fiscal, a conxelación de taxas e impostos.


Respecto das políticas de benestar, Caballero resaltou a posta en marcha dun albergue definitivo e permanente "cando noutras cidades están a reducir gasto social". Programas para maiores, para discapacitados, de atención ás familias, de drogodependencias..., ás que se suman 5.281 bolsas outorgadas, cun investimento de 2.125.000 euros.

Outro dos piares do ano de goberno, o emprego, contou con programas de inserción como o Util e o Vigo emprega, que contaron con 1,4 millóns e 88 contratos e 1,5 millóns, con 102 contratacións, respectivamente. Desenvolvéronse tamén proxectos como Imos traballar 2, e subvencións a asociacións, Pymes, comunidades de montes, o que supuxo a creación de máis de 1.500 postos de traballo.

Un urbanismo transparente e legal é, segundo o rexedor, o que impera no Concello desde hai cinco anos. Atrás quedaron "décadas" de ilegalidades e sentenzas contrarias á decisións municipais, dixo o rexedor, ao tempo que indicou que xa son 26 os fallos xudiciais favorables ao Concello polo PXOM. Destacou a "importante" actividade municipal na área de urbanismo, nun contexto económico desfavorable que ten paralizadas moitas cidades de España. En cambio, en Vigo desenvólvense planeamentos como o de Falcoa, Pateira, Martínez Garrido, Samil 2, A Bouza Sur; así como novas urbanizacións, como Tomás Paredes ou Polígono 11 do Calvario. Entre outras accións, recepcionáronse prazas, zonas verdes e viais de Navia, Pontecelo Alto, Aragón, Travesía de Vigo ou a actuación do Fraga, e cedéronselle á Universidade 300.000 metros cadrados para usos universitarios, cun custo de case 4 millóns de euros.

Respecto do Patrimonio Histórico, adxudiránronse axudas ao barrio de Bouzas por valor de 190.000 euros e ao Casco Vello, por valor de 423.000 euros. En rehabilitación e conservación das zonas protexidas investiuse preto de 1,2 millóns de euros.

No balance no departamento de Medio Ambiente, destacou o cuidado e a conservación do río Lagares e os humedais, ademáis do traballo nos arenais, para os que se conseguiron este ano 9 bandeiras azuis. Tamén se traballou na xestión de resíduos, recollendo, por exemplo, máis de 100.000 litros de aceite doméstico. Durante a súa intervención, refeiuse tamén aos 10.000 participantes do programa Camiño a Camiño.

A actividade cultural cobrou forma na cidade durante os últimos meses con máis de seis festivales de música, danza, cine... organizados. Equipamentos en funcionamento como a Bilblioteca Neira Vilas, a Casa das Artes, o Arquivo Pacheco, Museo Quiñones de León, o Marco, a Pinacoteca e o Verbum.

No apartado de Turismo e Comercio, destacou a remodelación do marcado do Progreso, cun investimento de máis de 3 millóns de euros, a remodelación do mercado de O Berbés, ademais da posta en marcha de iniciativas como a taxa cero para as terrazas, ou a promoción de Vigo en España, Oporto ou Londres.

25 novos axentes, 18 coches e 28 motos forman parte da aposta do Goberno municipal pola seguridade, quen puxo en marcha a policía urbanística e a Umir Unidade Medio Ambiental. A Policía Local desenvolveu campañas de prevención, operativos especiais e cursos de educación vial.
Descargar todas as imaxes