Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, ano 2012
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 25 de maio de 2012, aprobou, entre outros asuntos As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2012.
O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publícase no BOP o día 8 de xuño de 2011, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude no Rexistro Xeral é o 28 de xuño de 2012.
As bases e os impresos para participar na convocatoria atópanse na Oficina de Información do Concello ou pódense descargar a través da paxina web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org na sección de "Convocatorias".