Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 7 xuñ 2012
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE XUÑO DE 2012.

1.- Actas das sesións anteriores: ordinaria do 25 de maio, extraordinaria e urxente do 28 de maio, ordinaria do 1 de xuño e extraordinaria e urxente do 6 de xuño de 2012.

ALCALDIA
2.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, referente o nomeamento de D. Jose Maria García Vega como asesor do grupo político municipal do Partido Popular.

3.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, referente o nomeamento de Dª Fatima Presas Mata como auxiliar administrativa do grupo político municipal do Partido Popular.

BENESTAR SOCIAL
4.- Concesión do Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 751/13, 1912/15 e 1824/04.

CEMITERIOS
5.- Indemnización substitutiva a favor da empresa Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L. -SAMYL, polos servizos de limpeza, acondicionamento e mantemento integral dos cemiterios municipais. Expte. 9631/255.

CONTRATACION
6.- Alleamento de 90 vehículos para chatarra. Expte. 4069/241.

7.- Clasificación de ofertas mediante procedemento aberto para a contratación dos servizos de contratación familiar. Expte. 59058/301.

8.- Modificación de erro material no acordo de clasificación de ofertas para o servizo de atención telefónica 010. Expte. 2054/321.

DEPORTES
9.- Dar conta da relación de expedientes de contratos menores realizados durantes os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, tramitados no Verbum. Expte. 2128/340.

EMPREGO
10.- Bases reguladoras e convocatoria para o ano 2012 do Programa de Axudas Municipais á Contratación. Expte. 8849/77.

11.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas para a difusión da cultura mariñeira e das embarcacións tradicionais. Expte. 8842/77.

12.- Bases e convocatoria do programa de Axudas Municipais e creación de empresas 2012. Expte. 8848/77.

13.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Secretariado Gitano para a realización de actividades de loita contra a discriminación racial. Expte. 8845/77.

INTERVENCIÓN
14.- Relación de xustificantes de libramentos.

MEDIO AMBIENTE
15.- Dar conta da relación de expedientes de contrato menor tramitados no servizo de Medio Ambiente no mes de maio 2012. Expte. 8612/306.

MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
16.- Indemnización substitutiva a favor de INTERPARKING HISPANIA S.A., polos servizos realizados de agosto 2011 a febreiro 2012, en apoio do funcionamento ordinario do aparcadoiro soterrado na Praza de Portugal. Expte. 82535/210.

OSPIO
17.- Devolución de avais por acopio de materiais na obra Modificado nº 1. Construción de urbanización da rúa Severino Cobas parroquia de Lavadores-Vigo. Fase I Rúa Bagunda-Trv. Sta. Cristina. Expte. 2154/443.

RECURSOS HUMANOS
18.- Reclamación de abono de produtividade pola campaña de desinfección do ano 2009. Expte. 23037/220.

19.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal sen ser oficial de D. Jose Antonio Sande Vázquez, correspondentes ao 2º, 3º e 4º trimestre 2011 e 1º do 2012. Expte. 23114/220.

20.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de decembro 2011 e abril 2012. Expte. 23108/220.

21.- Rectificación de erro no acordo XGL de 4.'05.2012, sobre execución de títulos xudiciais 6/2012 do Xulgado do Social nº 5 (Dª Virginia Pereiras Bermejo). Expte. 23146/220.

SERVIZOS XERAIS
22.- Modificación do acordo XGL 24.02.2012 en relación co punto 1 da proposta de Traballos posteriores aos de abastecemento do alto de Cabral e Candeán. Expte. 1275/440.

23.- Aboar á empresa HIDROSCIVIL S.L., os intereses de demora polas obras de humanización da rúa Redondela. Expte. 1351/440.

24.- Aboar á empresa HIDROSCIVIL S.L., os intereses de demora polas obras de humanización do contorno do Calvario. Fase I. Expte. 1352/440.

25.- Aboar á empresa HIDROSCIVIL S.L., os intereses de demora polas obras de humanización da rúa Urzaiz. Expte. 1353/440.

URBANISMO
26.- Cesión gratuíta ao Concello de Vigo de tres vivendas de promoción pública do IGVS na estrada de Camposancos nº 317 e rúa Roteas nº 305. Expte. 50/443.

XUVENTUDE
27.- Bases reguladoras e convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís no ano 2012. Expte. 3377/336.

28.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 8 de maio de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 6 de maio de 2012.

O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,
Dª. Mª Jesús Lago Rey.