Escoitar

Inauguración da exposición Afinidades Selectivas 5

O xoves día 7, ás 20,00 horas, terá lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura a inauguración da mostra colectiva Afinidades Selectivas 5, organizada pola Universidade de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas. A exposición, comisariada por Xosé M. Buxán, estará aberta ao público ata o 8 de xullo, e amosará as obras de:ANA SOLER + JOSÉ ANDRÉS SANTIAGO; ALMUDENA FERNÁNDEZ FARIÑA + MARCOS COVELO; JAVIER TUDELA + LUCÍA ROMANÍ e JESÚS HERNÁDEZ + MARCOS COVELO.

mércores, 6 xuñ 2012
1338985562afi.jpg
Cando a profesora Susana Cendán plantexaba na 1ª edición de Afinidades
Selectivas dicía: "O proxecto expositivo que presentamos na Casa Galega da Cultura consiste basicamente nun intercambio de miradas entre profesores, alumnos e exalumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Todos eles entenderon coma un reto emocionante a posibilidade de transformar un espazo difícil –situado nunha zona privilexiada do casco vello de Vigo- nunha alternativa aos distintos contedores artísticos espallados pola cidade. Por iso, independentemente das distintas narrativas en grupo, na consolidación deste proxecto subxace un desexo arquitectónico e, incluso me atrevería a dicir, ambiental, de incluír á Casa Galega da Cultura nun itinerario no que tamén é posible desfrutar da contemplación da arte contemporánea. O entendemento das propostas debe facerse non tanto dende un punto de vista individual coma dende o desexo sincero de fusionar puntos de vista creativos complementarios, buscados premeditadamente por todos os participantes no evento."

Agora cando chegamos á 5ª edición deste Afinidades Selectivas 5 e cando xa foron amosándose en edicións anteriores os traballos dunha manchea de profesores-artistas e ex-alumnos artistas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, desta volta seguemos a reivindicar o proxecto orixinal da prof. Cendán e escollemos a 4 profesores que á súa vez escolleron 4 ex alumnos cuxa obra plástica e conceptualmente é, ao xuízo destes profesores artistas, motivo de interese, afinidade e proximidade. Amosar estas unións, paridades, afinidades, convivencias e vencellamentos entre profesoras/es e ex
alumnos/as segue a ser a tarefa de Afinidades Selectivas 5.

Desta volta o comisario e profesor da Facultade de BB.AA., Xosé M. Buxán Bran, invitou, cun protocolo de paridade de xénero, a dous profesores e dúas profesoras pertencentes os catro aos distintos Departamentos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

ANA SOLER, é profesora do Dep. de Debuxo, fará unha instalación espacial onde a súa obra aérea e espacial case que bótase literalmente na cara do visitante. Ela escolleu ao ex alumno JOSÉ ANDRÉS SANTIAGO que case diríamos que arrodeará a obra dasúa antiga profesora dende o muro e a obra dixital.

JESÚS HERNÁDEZ, profesor do Dep. de Pintura, recrea en dous autorretratos
realizados dende o debuxo e a fotografía, os vínculos sempre conflitivos entre corpo erazón profesional. HOLGA MÉNDEZ, ex alumna súa e coa que ten xa traballadonoutras ocasións, ocupará o espazo fronte aos cadros cunha instalación.

JAVIER TUDELA, profesor do Dep. de Escultura, e LUCÍA ROMANÍ combinarán acolocación de varias estantes como arquivo de obxectos e reflexións cun muro ondependurarán un mangado e fotografías de procesos de laboratorio en curso.

A profesora ALMUDENA FERNÁNDEZ FARIÑA, do Dep. de Pintura, acostuma aintervir e manipular os espazos nos que traballa e a desenvolver neles aspectos presentesxa a priori nese contexto expositivo. Deste xeito intervirá no hall de cristal da entrada. Xunto a ela MARCOS COVELO apropiarase das paredes e fiestras laterais a ese hallpara construír un work in progress de obxectos entre o caos e a pintura invasiva.
Descargar todas as imaxes