Escoitar

Caballero salienta a movilización de 10.000 persoas en cursos municipais de formación ambiental

O alcalde compartiu hoxe martes actividades de voluntariado medioambiental no río Lagares, a propósito da celebración do día mundial do Medio Ambiente. Acompañado por escolares de 5º dos centros de Balaídos e do Seis do Nadal e voluntarios do Camiño a Camiño, o rexedor destacou que a concellaría que dirixe Chus Lago movilizou 10.000 persoas en cursos de formación durante o último ano.

martes, 5 xuñ 2012
1338901731lagares.JPG
Abel Caballero destacou hoxe martes que a concellaría que dirixe Chus Lago foi quen de movilizar no último ano un total 10.000 persoas en cursos de formación, dos que boa parte foron mozos e mozas que fan limpezas de prantas invasivas no río Lagares. Con motivo da celebración do día do Medio Ambiente, o rexedor visitou aos voluntarios do programa Camiño a Camiño que nesta ocasión contaron coa "axuda" de case un centenar de escolares de 5º curso dos centros Balaídos e Seis de Nadal.

No que vai de ano a Concellaría de Medio Ambiente organizou máis dun centenar de actividades, ás que hai que sumar os traballos que desenvolven os voluntarios do Camiño a Camiño no que participan, logo de superar un curso de formación, en torno a mil persoas en accións que se desenvolven nas illas Cíes ou na Madroa.

Na súa comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor aludiu tamén ao plan de aforro e eficiencia enerxética que o Concello puxo en marcha hai uns meses e que permitirá un aforro económico de máis de 400.000 euros, case un 13% do total, ademais de reducir gases CO2 de efecto invernadero. O departamento de Fomento adoptou, entre outras, medidas de aforro discriminacións de 20 minutos o tempo de funcionamento e apagado selectivo do alumeado ou instalación de equipos reguladores e reducción de potencia.
Descargar todas as imaxes