O Goberno municipal apoia o V Congreso de Jóvenes Empresarios porque "son os que fan economía na cidade"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou hoxe martes o apoio do Goberno municipal ao V Congreso Internacional de Jóvenes empresarios que se organizará no Auditorio Mar de Vigo os próximos 5 e 6 de xullo. Durante a presentación, destacou que "ser empresario ou emprendedor é unha cultura da actividade económica que en Vigo queremos fomentar".
Abel Caballero asegurou hoxe martes que "Vigo é a cidade da empresa, da economía, dos traballadores e dos emprendedores" por iso queremos estar ao lado dos que fan economía porque "ser empresario ou emprendedor é unha cultura da actividade económica que en Vigo queremos fomentar". Deste xeito trasladaba o rexedor o apoio do Goberno municipal ao V Congreso Internacional de Jóvenes Empresario que se organizará no Auditorio Mar de Vigo entre o 5 e o 6 de xullo.
Na presentación, na que estivo acompañado pola delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa e a presidenta de Aje Vigo, Patricia García, explicou que apoiar aos emprendedores "é apoioar o presente da cidade" e destacou, a modo de exemplo, a profesionalidade da empresa "de xente moi nova" que fixo o vídeo co que o Concello promocionou o turismo de Vigo en Londres.
Descargar todas as imaxes