O alcalde amosa a súa "satisfacción" pola contratación da cuberta das vías da estación do AVE
Abel Caballero amosou este mércores a súa "satisfacción" pola decisión do Ministerio de Fomento de contratar a cuberta das vías soterradas da estación do AVE de Urzáiz. O alcalde recordou que a licitación data do 4 de outubro, un proceso que o novo Goberno de España continúa e a cidade de Vigo "agradece". "Queremos que as cousas continúen na mesma liña", asegurou.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou hoxe mércores a súa "satisfacción" por esta contratación, licitada en outubro do pasado ano polo Goberno de España anterior, xa que supón continuar co proceso da Alta Velocidade viguesa.
"Queremos que as cousas continúen na mesma liña", afirmou o primeiro edil, para reiterar despois o agradecemento da cidade á titular de Fomento, Ana Pastor, por continuar coa infraestrutura ferroviaria. Caballero tamén recoñeceu á ministra a súa "vocación" de construir a conexión de AVE directa Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo.
Descargar todas as imaxes