Escoitar

O Concello cede 1,4 millóns de metros cadrados para a ampliación da Cidade Universitaria

O alcalde, Abel Caballero e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron esta mañá un convenio de cesión de 1,4 millóns de metros cadrados á Universidade, dos que 400.000 metros son terreos municipais e o millón restante corresponde a parcelas expropiadas. Esta aportación servirá para ampliar a Cidade Universitaria.

mércores, 6 xuñ 2012
1338982339uni.jpg
A Universidade conta con 1,4 millóns de metros cadrados para ampliar a Cidade Universitaria, logo de que alcalde e reitor asinaran un convenio de cesión duns 400.000 metros cadrados de terreos municipais e un millón procedente de expropiacións. Segundo informaron nunha rolda de prensa conxunta, a colaboración institucional permitirá á institución académica ampliar os seus espazos de investigacón e docencia.

O rexedor amosou a súa "satisfacción" personal con esta colaboración "porque a Universidade é parte central da miña vida" e como alcalde, apoiando unha institución fundamental na cidade. Pola súa banda, o reitor agradeceu ao Concello a cesión porque "nos consta que tivo algunha dificultade técnica" e avanzou que "agora poderemos crecer".

Durante a presentación lembrouse que o acordo inclúe os terreos onde está asentado o CITEXVI, parcelas que a Universidade achegou á entidade participada por esta e os gobernos autonómico e estatal.
Descargar todas as imaxes