Escoitar

Abel Caballero reuníuse cos organizadores do Congreso Nacional de Uroloxía

O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha entrevista cos responsables do LXXVII Congreso Nacional de Uroloxía, que terá lugar na cidade do 13 ao 16 do mes de xuño no Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". Como cada ano, Vigo acollerá novas achegas científicas ao Congreso para abrir horizontes que agranden o brillante nivel técnico que alcanzou a Uroloxía española.

mércores, 6 xuñ 2012
1338982276urologos.jpg
Descargar todas as imaxes