Escoitar

O Concello amplía o programa de terapia con cans polo seu "excepcional resultado"

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron hoxe xoves Aspanaex, unha das asociacións onde desenvólvese esta novidosa terapia canina. Polo seu "excepcional" resultado, o goberno local está a formar a unha terceira cadela para incorporarse ao programa.

xoves, 7 xuñ 2012
1339070693terapia.jpg
Dentro do Plan Saúde municipal, o Concello de Vigo dispón dun equipo de terapia composto por dúas cadelas, unha terapeuta ocupacional, unha sicóloga e un educador canino para traballar en AFAGA e en ANHIDA, con enfermos de alzheimer e nenos con hiperactividade e déficit de atención.

"A experiencia amosa un resultado excepcional", en verbas de Abel Caballero, polo que o goberno local amplía este programa a Aspanaex e está a formar a unha terceira cadela para sumarse á terapia. O alcalde ve posible "ampliar" a iniciativa adestrando a máis animais, adicando máis horas e levándoa a novas entidades.

Esta terapia está financiada exclusivamente polo Concello de Vigo e resulta de balde para os participantes. Ademais, segundo revelou o rexedor, as cadelas proceden da Protectora de Animais, tras ser rehabilitadas e educadas para a súa nova función social.
Descargar todas as imaxes