Última charla do ciclo "Historia das mulleres en Galicia"
O xoves, 7 de xuño é a ultima charla do ciclo "Historia das mulleres en Galicia" , unha obra conxunta de cinco historiadoras galegas sobre o papel da muller desde a prehistoria ata a actualidade. A charla do xoves sobre a "Época Contemporánea" estará a cargo de Herminia Pernas Oroza, Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Será ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas.
O libro sobre a "Época Contemporánea" contén unha ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos no ámbito local e comarcal, e tamén deixa patente os dous tipos de mulleres que estudar en relación coa temática migratoria: as que sofren sen protagonismo directo da emigración, e as que participan nela. Respecto ao segundo, o papel desempeñado pola muller na actividade económica foi decisivo nun territorio como o galego, caracterizado por unha forte e permanente emigración masculina.
No ámbito social inclúe temas como a súa educación, que tivo que facer fronte a inmumerables vicisitudes, a sociabilidade de xénero e a pobreza. Finalmente enfróntanse as dúas imaxes da muller: no século XIX o concepto "anxo do fogar" como modelo de muller ideal ; no século XX un novo prototipo de feminidade, representado pola "muller moderna".
Descargar todas as imaxes