Escoitar

O Concello aporta a Foanpas medio millón de euros para xestionar comedores e actividades extraescolares

O alcalde de Vigo asinou hoxe xoves un convenio coas Foanpas de case medio millóns de euros para a xestión de comedores y a financiación de actividades escolares. Grazas a este acordo 2.150 nenos reciben bolsas de comedor, una cifra á que hai que sumar outras 2.150 axudas que se entregan desde Benestar Social co que o número final de bolsas municipais ascende a 4.310, cun importe de 1,2 millóns de euros.

xoves, 7 xuñ 2012
1339070726foanpa.jpg
As Foanpas de Vigo recibirán 476.000 euros grazas a un convenio que veñen de asinar co rexedor polo que se determina que esta aportación sirva para financiar as bolsas de comedor de 2.150 nenos e as actividades extraescolares de 9.000 alumnos, ademáis de organizar accións formativas para pais. A estas cifras, segundo explicou Caballero, hai que sumar outras 2.160 axudas de comedor que aporta o departamento de Benestar Social e que eleva o número final de bolsas a 4.310, cunha cuantía de 1,2 millóns de euros.

Este apoio ao ensino público sitúa este investiemento nun nivel que "duplica a inversión de calquera outro concello galego", porque, argumentou, o Concello tamén concede 571 bolsas de libros, cun importe de 40.000 euros , e 400 de inglés, cun custo de 875.000 euros. En global, o gasto municipal en bolsas de ensino é de 2.125.000 euros. Sen contar, indiciu, o gasto en mantemento dos centros ou as escolas públicas.
Descargar todas as imaxes