O alcalde avanza que Urbanismo concedeu 613.600 euros para a rehabilitación de 89 vivendas no Casco Vello e Bouzas
A Concellería de Urbanismo outorgou no último ano 613.600 euros para rehabilitar 89 vivendas no Casco Vello e en Bouzas. Segundo detallou o rexedor, que mantén hoxe xoves un encontro coa Asociación Provincial de Empresarios da Construcción, o Concello deu case 900 licenzas de obras e 227 de actividade.
Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello concedeu no último 613.600 euros en axudas á rehabilitación de 89 vivendas no Casco Vello e Bouzas. En rolda de prensa, avanzou que hoxe trasladará o balance da Xerencia de Urbanismo aos responsables de Asociación Provincial de Empresarios da Construcción durante a visita a súas instalacións "para que coñezan de primeira man" a xestión urbanística da cidade.
Durante a súa comparecencia, Caballero referiuse tamén ás case 900 licenzas de obra e 227 de actividade que concedeu Urbanismo, entre as que destacan 9 edificios de nova construcción para 139 vivendas; ademáis de axudas por valor de 10.910 euros para superar a Inspección Técnica de Edificios.
No tocante ao planeamento e a xestión urbanística, mencionou a aprobación da modificación da Bouza Sur, a aprobación inicial do plan parcial Falcoa, a luz verde ao planeamento de Pateira, o inicio da plan especial de reforma interior de Ravido, "unha zona de desenvolvemento moi importante", a posta en marcha do Barrio do Cura, ademais da modificación puntual do PXOM número 4 relativa ás condicións de fondo edificable. Incluíu a recepción definitiva das obras de urbanización da unidade de actuación Fraga e a aprobación do Plan de Inspección urbanística municipal.
Caballero avanzou tamén a súa intención trasladar aos responsables de APEC o plan de humanizacións que xa está en marcha ou a punto de arrancar en Vigo "porque non hai ningún Concello en España que nestes momentos teña un plan de actuacións como este". Concretamente, referiuse a Tomás Alonso, Moaña, Camelias, Tomás Alonso, Pontevedra, Canceleiro, Areal baixada Mestre Chané, Enrique Lorenzo, Pintor Colmeiro, Brasil, Martínez Garrido, Doctor Marañón e Menéndez Pelayo. Ademáis de actuacións en Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns. Subliñou o seu interese en que os constructores "saiban da man do alcalde" que "seguramente somos a excepción de España no desenvolvemento do plan, a edificación, as licenzas e as políticas keynesianas".
Descargar todas as imaxes