Escoitar
Anuncio

Subvencións de Política Social

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 25 de maio de 2012, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o ano 2012.

venres, 8 xuñ 2012
O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais, contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publicouse no BOP nº 108 do día 6 de xuño. de 2012, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude é o 6 de xullo de 2012.

As bases e os impresos para participar na convocatoria están na oficina de Información do Concello ou na páxina www.vigo.org