Escoitar
Anuncio

Convocatoria pública de solicitudes para fase 13 do Casco Vello e fase 8 do Barrio Histórico de Bouzas,programa de rehabilitación de edificios e viviendas de Vigo

Asinados os convenios correspondentes en data 14.05.2012 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, procédese á convocatoria pública das solicitudes de axudas segundo a Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación do Casco Vello e na Área de rehabilitación do Barrio histórico de Bouzas e publicada nº BOP nº185 de 24.09.2010 ou ordenanza que estea en vigor.

venres, 8 xuñ 2012
1.- O prazo oficial para a presentación da documentación de solicitudes de axuda remata o 27 de xullo de 2012 as 13:30 horas no Rexistro da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo.

2.- Con carácter excepcional o prazo poderá abrirse novamente de non quedar cubertas todas as actuacións e de existir crédito dispoñíbel.

3.- As solicitudes poderán ser formuladas polas persoas propietarias, inquilinas ou usufructuarias das vivendas mediante a súa presentación no Rexistro da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo.

4.- Para calquera información poden comunicarse coa Oficina de rehabilitación no teléfono 986 442560 ou no correo electrónico urb.rehabilitacion@vigo,org