Escoitar
Anuncio

Pechadas ao tráfico varias rúas da cidade por obras

venres, 8 xuñ 2012
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da instalación dunha autogrúa por obras de carga descarga, a realizar pola empresa GRUAS Y TRANSPORTES VIDAL, estará pechada ao tráfico a rúa ILLAS BALEARES, treito entre as rúas Barcelona e Zamora, con acceso exclusivo para garaxes,
dende o sábado 09 de xuño de 2012 ás 07:00 horas e por un período aproximado de cinco horas.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de formigonado de praca, a realizar pola empresa Excav.Y Const.L.Covelo,Sa , estará pechada ao tráfico a rúa MENDEZ NUÑEZ(RUA) Nº 12 (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, dende o sábado 09 de xuño de 2012 ás 09:00 horas e por un período aproximado de catro horas.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da instalación dunha autogrúa por obras de carga descarga, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechado ao tráfico o CÑO RIAL ( San Andrés de Comesaña), á altura do número 68, con acceso exclusivo para garaxes, dende o sábado 09 de xuño de 2012 ás 08:00 horas e por un período aproximado de dúas horas.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER-BARDERA, estarán pechadas ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO (Teis) e 1ª Trav ESPIÑEIRO, treito entre a rúa Maceiras e o Porto Deportivo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 11 de xuño de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Maceiras, Pedro Alvarado e Dona Fermina.

Mentres duren as obras e para garantir o acceso establécese dobre sentido na rúa Espiñeiro. O acceso ao Porto Deportivo e ás empresas da 1ª Trav Espiñeiro (Lagoa) será polo paseo da Guia en dobre sentido.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único de tráfico na rúa ROADE (Alcabre), treito entre entre Av Atlántida e o número 08, con entrada por Av Atlántida, dende o martes 12 de xuño de 2012 ás 10:00 horas.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese dobre sentido de tráfico na rúa FONTAN (Lavadores), treito entre Rivera Atienza e o número 28, dende o mércores 13 de xuño de 2012 ás 10:00 horas.

Prégase a máxima atención á sinalización, solicítase a máxima colaboración cidadá.