O Concello aproba axudas por 75.000 euros á creación de empresas e á contratación

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local, entre os que figura a convocatoria das achegas municipais á creación de empresas, con 50.000 euros, e á contratación de desempregados censados en Vigo con dificultades de inserción laboral, con 25.000 euros.

venres, 8 xuñ 2012
1339156286Imagen003.jpg
Abel Caballero indicou que o goberno local deu luz verde as bases reguladoras e convocatoria de 2012 das axudas á creación de empresas, unha medida de "apoio ao emprendedor" da que poden beneficiarse os empresarios individuais e as pequenas e medianas entidades constituídas entre o 1 de xuño do pasado ano e o 31 de marzo do presente.

O programa de axudas municipais á contratación, inmerso nas iniciativas do Concello dirixidas á inserción laboral, está adicado a aquelas empresas que, entre o pasado 16 de setembro e o 31 de abril, contratasen a desempregados empadroados en Vigo con especial dificultade de integración no mercado de traballo.

Esta proxecto está dirixido preferentemente a incentivar a inserción dos menores de 30 anos con escasa formación, dos maiores de 45 anos, dos desempregados de longa duración, das mulleres, dos discapacitados e das vítimas de violencia de xénero.

Outros asuntos
O alcalde tamén informou da validación das bases e convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís. Cos 10.000 euros orzamentados, o goberno de Vigo quere fomentar a participación en distintos ámbitos sociais e facilitar o desenvolvemento de actividades.

En segundo lugar, o goberno local deu o seu visto bo ao proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Secretariado Xitano para a realización de actividades de loita contra a discriminación racial, unha ferramenta dotada con 16.000 euros para cooperar na inserción do colectivo no mercado laboral.
Descargar todas as imaxes