Escoitar

O Concello suscribe un convenio con Eroski Vegalsa para cooperar na defensa do medioambiente

O alcalde de Vigo asinou hoxe mércores un convenio con responsables de Eroski-Vegalsa para colaborar en programas de sensibilización e educación mediambiental. O grupo empresarial colaborará na reforestación do parque de Navia e aportará 20.000 euros ao programa municipal Camiño a Camiño, ademais de colaborar na xestión de resíduos e reciclado dos consumidores.

mércores, 4 xul 2012
1341402693eroski.jpg
Concello e Vegalsa Eroski colaborarán en programas de sensibilización e educación medioambientais, segundo se determina nun convenio asinado hoxe mércores entre Abel Caballero e o director xeral da entidade mercantil Vego Supermercados, Joaquín González Iglesias. O acordo recolle que a entidade cooperará na reforestación do parque de Navia coa participación dos voluntarios do grupo, asumindo os gastos da plantación, colaborará na iniciativa municipal Camiño a Camiño con 20.000 euros, ademais de difundir este programa nos supermercados de Vigo e colaborar coa xestión de resíduos e reciclado dos consumidores. Caballero valorou moi positivamente este acordo porque é exemplo da forma coa que deben relacionarse administracións públicas e entidades privadas.

O grupo Velgasa Eroski ten presenza en todo o territorio galego, con 240 sumermercados, 9 plataformas de distribución e redistribución de mercadorías. Copa máis do 20% da cuota do sector en Galicia, da emprego a unas 4.500 persoas, 500 deles en Vigo. É, asimesmo, a sexta empresa do país pola súa facturación. Entre os seus valores destaca o respecto polo medioambiente e desenvolvemento de políticas de sostenibilidad.
Descargar todas as imaxes