Os socialistas renuncian a participar na Asamblea Metropolitana, para a que populares e nacionalistas designaron representantes
O Pleno, celebrado hoxe mércores, tomou coñecemento das designacións realizadas polos grupos políticos como representantes do Concello na Asamblea da futura Área Metropolitana de Vigo. Así o fixeron o PP e o BNG, mentres que o PSOE renunciou a participar no ente por disconformidade coa lei autonómica.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo, convocada para este mércores en sesión extraordinaria, tomou coñecemento dos concelleiros designados por cada grupo político para representar ao Concello na Asamblea da Área Metropolitana. Ao inicio da sesión, o alcalde, o socialista Abel Caballero, anunciou a renuncia do grupo que encabeza a participar neste órgano, en disconformidade co contido da lei autonómica.
Durante as intervencións, o voceiro do BNG, Santiago Domínguez, amosouse contrario á norma aprobada pola Xunta de Galicia para a creación da Área Metropolitana viguesa mais avogou por "defender os intereses da cidade" desde dentro. O PP, en verbas de José Manuel Figueroa, criticou a decisión socialista de non estar presente no ente supramunicipal, opción que o principal grupo da oposición entende como "confrontación" do goberno local coas restantes administracións.
Abel Caballero, pola súa banda, afirmou que a decisión socialista responde a que esta lei de Área Metropolitana de Vigo "menoscaba seria e gravemente" os dereitos da cidade, non respecta a "proporcionalidade" da poboación e é "inconstitucional".