Caballero lamenta a perda de Kristina Berg, víuva de Carlos Casares, "unha galega nacida no norte de Suecia"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou hoxe mércores a súa condolencia pública polo falecemento de Kristina Berg, viúva de Carlos Casares. Destacou desta "galega nacida no norte de Suecia" a súa aportación na defensa da literatura e dos valores da cultura galega e deulle o pésame, no nome de toda a cidade, aos fillos e familiares.