Escoitar

O goberno municipal suma 60 bolsas de inglés ás 385 previstas para este verán

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe mércores que 60 alumnos da ESO máis viaxarán este verán para aprender inglés en Reino Unido ou Irlanda. Deste xeito serán 375 axudas para centros públicos e concertados, ás que hai que sumar 70 correspondentes á Escola de Idiomas. O investimento supera o millón de euros

mércores, 4 xul 2012
1341402736alcalde5.jpg
O Goberno municipal incrementará en 60 as bolsas para estudar inglés que se sumarán ás 315 xa en marcha e ás 70 destiñadas aos alumnos da Escola de Idiomas. Deste xeito, serán 445 os mozos e mozas que este verán viaxarán ao Reino Unido e Irlanda para estudar inglés. Estas 60 bolsas serán para centros públicos, polo que ao final son 280 os alumnos da ESO de centros públicos os que se beneficien destas axudas, e 95 da rede concertada.

Na súa comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor destacou a importancia desta iniciativa didáctica municipal asegurando que "o mellor gasto nunha cidade é a formación da súa mocidade", e confrontou as máis de 400 axudas municipais coas 2 da Xunta de Galicia en Vigo, mentres que o Goberno de España non concede ningunha. Rematou destacando que o investimento final deste programa de Vigo en inglés supón máis dun millón de euros para as arcas municipais, coa incorporación dos 150.000 euros correspondentes ás 60 novas prazas habilitadas.
Descargar todas as imaxes