martes, 4 mai 2010
A responsable do departamento municipal, Chus Lago, explicou este martes as melloras "moi demandadas pola cidadanía" realizadas ao longo do paseo, como a canalización das augas pluviais para evitar o encharcamento, desbroce e limpeza; e anunciou novas medidas, como a instalación dunha nova ponte nas proximidades da depuradora e de cinco novas fontes máis. O Concello inviste nestas actuacións 165.000 euros.
martes, 6 abr 2010
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, asegurou este martes que o informe favorable da Xunta de Galicia ratifica que VigoZoo "cumpre a lei" e as normativas de seguridade actuais. A validez do recinto responde ás "grandes obras" realizadas nos últimos dous anos, cun investimento próximo ao millón de euros. Unha vez confirmada a súa legalidade, Lago adiantou que Vigo integrarase na Asociación Ibérica de Zoolóxicos.
Medioambiente está a investir 163.000 euros nos traballos de limpeza e recuperación da zona e na reposición dunha das pontes
xoves, 18 mar 2010
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitou hoxe as obras de mellora do cauce do río Lagares, á altura de Ricardo Mella, onde se están a levar a cabo importantes actuacións de limpeza e recuperación. Varios operarios traballaban esta mañá nas labores de retirada das dúas pontes deterioradas ubicadas nas inmediacións da Estación Depuradora.
martes, 9 mar 2010
A patrulla de Medio Ambiente e Intervención Rural da Policía Local de Vigo (UMIR) conta desde hoxe con catro novas motocicletas que se engaden o parque móvil de dito corpo no eido da vixilancia da natureza e cumprimento das normas de respeto ao medio ambiente no municipio.
xoves, 25 feb 2010
A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo porá en marcha a partir do mes de marzo un renovado programa ambiental "Camiño a Camiño...e máis" que neste ano ofrece novidades como as denominadas o Camiño de Santiago, as rutas nocturnas e a convocatoria Vigodiversidade. A edil de Medioambiente, Chus Lago, destacou hoxe na presentación do programa que representa unha iniciativa multidisciplinar aberta a todas a idades para facer rutas de sendeirismo polos entornos máis significativos do municipio de Vigo e do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, así como participación en observación de estrelas.
luns, 1 feb 2010
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, anunciou este luns que o seu departamento realizará melloras nos humedais da Bouza, de Goberna-San Andrés e do Vao para revalorizalos e dalos a coñecer á cidadanía viguesa. Segundo indicou, en dous meses estará rematado o estudo dos humedais e iniciarase a divulgación dos mesmos mediante trípticos, carteis informativos e incluso barállase a posibilidade de habilitar un paseo para ser visitados.
venres, 8 xan 2010
Amosar a importancia da conservación da biodiversidade en todas as súas facetas é un dos principais obxectivos do novo programa de actividades educativas para 2010, organizado dende Vigozoo, que tamén inclue no presente ano a novidade de convocar campamentos organizados polo departamento de Educación . Como vendo sendo habitual, a poboación máis nova que se interesa polas instalacións do zoo vigués ten a súa disposición variadas opcións de visita e convocatorias difenciadas.
venres, 18 dec 2009
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou hoxe venres un informe encargado a empresa Wildwets sobre o estado actual de VigoZoo e o seu grado de cumprimento coa legalidade. Ademais do cumprimento da lei, os técnicos externos recoñecen as melloras realizadas no zoo, a súa seguridade, a adaptación paisaxística en marcha e o bó estado dos animais. Segundo as cifras ofrecidas por Lago, o goberno local investiu sobre un millón de euros en VigoZoo nos últimos dous anos.
luns, 19 out 2009
O alcalde informou que o Concello iniciará a "recuperación" do paseo do Lagares polo tramo final, entre a Avenida de Castrelos e a desembocadura. O obxectivo é deixar o paseo "en boas condicións", xa que detetáronse deficiencias, realizando melloras por valor de 120.000 euros. Abel Caballero indicou que esta actuación, aprobada este luns pola Xunta de Goberno Local, é unha primeira fase que terá continuidade.
martes, 13 out 2009
O programa de educación a información medioambiental "Vigo Camiño a Camiño" da Concellería de Medioambiente inaugura esta próxima fin de semana a súa cuarta edición cunha acampada nas Illas Cíes, onde os 200 participantes percorrerán dúas rutas e realizarán obradoiros de carácter medioambiental. Os interesados poden inscribirse desde este martes de balde no teléfono 010.