Chus Lago destaca que o Lagares pasa pola mellor etapa da súa historia
A edil de Medio Ambiente asegura que a pesar de partir dunha situación de descoordinación absoluta o seguimento exhaustivo do río permitiu acadar parámetros constantes e estables en todo o seu cauce. As analíticas realizadas polo seu departamento poñen de manifesto que a presencia química de osíxeno diminuíu nun 32% desde 2008 ata a actualidade.
Segundo os datos do informe dado a coñecer neste luns pola concelleira de Medioambiente os valores son estables en todo o cauce do Lagares o que significaría que no hipotético caso de producirse un verquido a súa detección sería máis doada.
Lago subliñou que as analíticas son esperanzadoras sobre todo se se ten en conta que para algunhas das mostras tomouse como punto de mostraxe o punto con maior concentración de empresas, Gandarón.
Tamén salientou a edil o alto coñecemento do río na actualidade e das empresas que configuran o seu entorno. Así explicou que das 165 empresas localizadas en 2007, 11 fecharon ou trasladáronse. Das 154 da actualidade 80 están conectadas correctamente á rede de saneamento, quedando 32 cunha situación "irregular". "Ningunha empresa hoxe en día verte ao Lagares", afirmou. Ademais incidiu en que as empresas conectadas de xeito "irregular están facendo todos os trámites para que a conexión sexa a correcta".
A valoración do traballo dos últimos anos é, segundo a edil, "excepcional" e quixo destacar creación da Policía Medioambiental, a coordinación de distintos departamentos e unha aposta en recursos humanos e económicos polo río.
Descargar todas as imaxes