Escoitar

Xabier Alonso anuncia que a Liga de Fútbol Indoor comezará o vindeiro venres co derbi entre Celta e Deportivo

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este luns a Liga de Fútbol Indoor, que comezará o vindeiro venres 14 de xaneiro no pavillón das Travesas, ás 20.30 horas, co derbi entre o Celta e o Deportivo. O nacionalista salientou o "alto nivel deportido que haberá no partido", que contará con dúas plantillas de futbolistas veteranos dos dous equipos galegos.

luns, 10 xan 2011
1294668897derbi.JPG
"Garantizo que a xente vai disfrutar dun gran espectáculo deportivo", afirmou Xabier Alonso na presentación da liga, na que tamén participaron o presidente da Liga Indoor, Álvaro Garrido, o representante da organización, Marcos Álvarez, así como o xogador do Celta, Jorge Otero, e o xogador do Deportivo, Agustín Elduayen, a quenes agradeceu a súa participación.

O concelleiro de Deportes fixo un chamamento para que "o mundo do deporte da cidade se volque con este espectáculo". Asegurou que a súa celebración en Vigo se inxire nos obxectivos da Concellería de Deportes, como son que a xente poida asistir a eventos deportivos de gran calidade e potenciar que toda a cidadanía practique deporte.

Entre as novidades, o representante da organización, Marcos Álvarez, salientou que a Liga de Fútbol Indoor este ano pasa de 9 a 20 equipos, divididos en catro grupos , dos que se clasifican os dous primeiros para cuartos de final. "Imos pelexar para que o Celta se clasifique", asegurou Xabier Alonso.

O xogador do Celta, Jorge Otero, destacou tamén a calidade dos futbolistas, ao contar na plantilla con xogadores "de primeiro nivel" como Maté, Ratkovic e Gudeli. O xogador do Deportivo, Agustín Elduayen, pola súa banda, comentou que o Celta será un rival duro ao que vencer no derbi.
Descargar todas as imaxes