Escoitar

Caballero confirma que o albergue tramitarase pola vía da urxencia para iniciar as obras de xeito inmediato

O rexedor vigués explicou que contará con 35 prazas, un orzamento de 317.000 euros e comezará a funcionar a principios do mes de maio. Caballero reiterou que se trata dun albergue provisional e que estará en funcionamento ata que estea o definitivo.

venres, 7 xan 2011
1294414373iman.JPG
O alcalde de Vigo reuniuse na mañá deste venres con catro representantes do grupo O Imán para presentarlles o proxecto de reforma do albergue provisional de Vigo que se emprazará na Escola de Hostalería. Así avanzoulles que o vindeiro luns iniciaranse os trámites para levar adiante a contratación pola vía de urxencia, "de xeito que as obras poidan comezar de forma inmediata", dixo.

Segundo explicou o socialista os técnicos traballan cun prazo estimado de obra de entre dous meses e medio, tres meses polo que a instalación provisional polo que a instalación provisional podería estar rematada "a finais de abril, principios de maio".

Caballero subliñou que contará con 35 prazas repartidas en habitacións con capacidade para unha, dúas, tres e catro persoas "cumprindo todos os requisitos de accesibilidade" e insistiu en que " funcionará ata que entre en funcionamento o definitivo".

Entre as reformas que se levarán adiante destacou a do oco da escaleira, "non por ser albergue senón por ser edificio público" que, tal e como indicou "xa tería que estar feita de antes". A actuación prevé reformar todos os andares- segundo, terceiro, carto e quinto- e no último emprazarase unha sala polivalente de usos múltiples. "Haberá baños individuais en cada unha das prantas" e, tal e como suxeriron desde O Imán, as habitacións "contarán con taquillas"
Descargar todas as imaxes