martes, 4 xaneiro 2011

O alcalde certifica coa concesionaria que o Auditorio Pazo de Congresos "segue en prazos" e abrirá "no cambio do inverno á primavera"

Abel Caballero explicou que o hotel colindante -xa rematado- abrirá as súas portas aproximadamente a mediados de febreiro, e o Auditorio Pazo de Congresos o fará posteriormente, cando rematen os "procesos finais" nos que se está inmerso actualmente, como a conexión da acometida eléctrica. O alcalde agradeceu a "participación nutrida" da cidadanía na proposta de nomes para o edificio na páxina web municipal, que rondan as 70.

Caballero asegura a "cooperación" municipal na procura dunha nova sede para a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas

martes, 4 xan 2011

O alcalde recibiu este martes a representantes deste colectivo que constrúe embarcacións tradicionais e procuran unha nova ubicación para a entidade onde ensamblar e reparar os barcos. Caballero confirmou que Urbanismo estuda unha parcela dotacional próxima ao campo de fútbol de Bouzas e anuncia "cooperación" da Asociación coa Escola Obradoiro municipal "Mar de Vigo", tamén decidada ao sector marítimo tradicional.

Santi Domínguez adianta que 31 carrozas e animacións darán forma este ano a unha Cabalgata "espectacular"

martes, 4 xan 2011

O tenente de alcalde. Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, quixeron comprobar hoxe os últimos preparativos da Cabalgata de Reis que percorrerá mañá, a partir das 18:30 horas, as rúas do centro da cidade. Os nacionalistas puideron ver os últimos detalles da elaboración das carrozas que levarán a Melchor, Gaspar e Baltasar, que como o resto da comitiva, terán como temática os contos infantís e os debuxos animados.