Escoitar

O alcalde certifica coa concesionaria que o Auditorio Pazo de Congresos "segue en prazos" e abrirá "no cambio do inverno á primavera"

Abel Caballero explicou que o hotel colindante -xa rematado- abrirá as súas portas aproximadamente a mediados de febreiro, e o Auditorio Pazo de Congresos o fará posteriormente, cando rematen os "procesos finais" nos que se está inmerso actualmente, como a conexión da acometida eléctrica. O alcalde agradeceu a "participación nutrida" da cidadanía na proposta de nomes para o edificio na páxina web municipal, que rondan as 70.

martes, 4 xan 2011
1294148477Auditorio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, constatou este martes coa concesionaria que o Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar "segue en prazos" e poderá abrir as súas portas "no cambio do inverno á primavera".

Tras unha reunión con responsables de Novacaixagalicia, o Grupo Puentes e o Grupo Testa, Caballero ratificou a data de apertura tras constatar que estanse a ultimar os "procesos finais" para a súa inauguración, como a conexión do edificio á acometida eléctrica.

Esta demandada infraestrutura "vai ben, segue en prazos, sen ningún retraso sensible", apuntou o rexedor, quen adiantou que o hotel de catro estrelas disposto xunto ao Auditorio acollerá aos seus primeiros clientes a mediados de febreiro aproximadamente.

Nomes
Abel Caballero agradeceu a "nutrida participación" da cidadanía na proposta do futuro nome do Pazo de Congresos, a través da páxina web do Concello de Vigo. Segundo indicou, o goberno local ten xa recollidas entre 60 e 70 alternativas distintas e durante este mes decidirarse a denominación definitiva.

O alcalde citou algúns dos nomes propostos polos vigueses e viguesas, como Martín Códax, El Olivo, Álvaro Cunqueiro, Illas Cíes, Julio Verne, Rosalía de Castro, Méndez Núñez, Beiramar, 28 de marzo ou Casa Mar. Entre as ideas tamén emerxe o nome de Barack Obama, tal e como afirmou Caballero.
Descargar todas as imaxes