luns, 3 xaneiro 2011

O alcalde asegura que o Concello leva investido 2,5 millóns de euros na parroquia de Candeán

Abel Caballero avanzou este luns que, ao remate da construción do pavillón deportivo, a cifra de investimentos na parroquia viguesa rondará os 5 millóns de euros. O alcalde reuníuse hoxe con distintas asociacións de Candeán para pasar revisión aos proxectos municipais na zona e recoller as demandas de mellora dos veciños, como habilitar un "recinto veciñal" para ocio e encontro na zona sobre o túnel da autoestrada.

Caballero ve "moi interesante" os proxectos de A Golpe de Pedal para habilitar carril bici en Vigo, no Área Metropolitana e na Península

luns, 3 xan 2011

O alcalde, Abel Caballero, afirmou hoxe luns que estudará as tres propostas de A Golpe de Pedal para levar o carril bici ao Castro e Castrelos, tamén de Cabo Home a A Guarda e un terceiro europeo que pasaría por Vigo á súa chegada á Península. A entidade solicitou a Caballero que lidere os proxectos en calidade de alcalde e presidente do Eixo Atlántico e da Rede Española de Cidades polo Clima.

O tenente de alcalde anuncia que o Ifevi abre o día 14 a tempada de grandes eventos con Galiexpo Motor Show

luns, 3 xan 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe luns a sexta edición de Galiexpo Motor Show, que será o primeiro dos grandes acontecementos que se celebrarán este ano no recinto feiral do Ifevi. O nacionalista salientou o esforzo realizado pola organización do evento, xa que "nestes tempos de crise" non é fácil manter este tipo de eventos e facelo innovando para seguir medrando.