Escoitar

Caballero propón que Concello, Deputación e Xunta "cooperemos" para unir Peinador con Londres, Frankfurt, Bruxelas e Milán

O alcalde de Vigo anunciou este xoves a remisión de dúas cartas ao conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, e ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para plantexar a cooperación das tres institucións na "consolidación internacional" do aeroporto vigués. Estas conexións garanten que, cun transbordo, Vigo estaría conectado con calquer aeródromo do mundo, como precisan os principais sectores económicos e industriais da urbe.

xoves, 30 dec 2010
1293716884017.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, propuxo este xoves que o Concello, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia "cooperemos" para que o aeroporto de Vigo conte con voos a Londres, Frankfurt, Bruxelas e Milán.

O rexedor expuxo que estas catro rutas deseñan o "ámbito estratéxico que cremos convinte nos voos internacionais" de Vigo para os próximos cinco anos, "imprescindibles" para a "consolidación internacional" de Peinador.

Segundo o plantexamento municipal, O Concello de Vigo asumiría a conexión con Londres -como Caballero xa confirmou para 2011 en xornadas atrás-, a Deputación de Pontevedra sufragaría Milán e a Xunta de Galicia os voos de Bruxelas -xa nas súas previsións- e Frankfurt, un reparto "bastante proporcional" atendendo ao peso de cada administración.

O obxectivo do alcalde coa iniciativa é ter conectado Vigo "a través dun transbordo, con todos os aeroportos do mundo", pois Londres, Frankfurt e París son as principais terminais neste eido. "Creo que ningunha institución debe negarse a esta opción" e agarda que "as tres administracións cooperemos".

Caballero estimou que, en dous ou tres anos, as conexións con Londres e Frankfurt deberían ser rendibles e operar "sen axudas ou con axudas mínimas".
Descargar todas as imaxes