O alcalde cifra en 4.000 os empregos creados en 2010 pola acción municipal
O balance do ano que remata realizado este mércores por Abel Caballero indica que os investimentos do Concello de Vigo en 2010 supuxeron a creación de 3.000 empregos, aos que súmanse outros 1.000 postos de traballo derivados da contratación directa e da formación municipal. Na loita contra a crise, o rexedor salientou a entrada "de cheo" nos sectores produtivos vigueses e anunciou a sinatura dun convenio coa factoría viguesa de PSA para dar "apoio activo a Citroën".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe mércores que a contratación directa municipal e os investimentos do Concello na cidade supuxeron a creación de 4.000 postos de traballo este ano.
Caballero, quen realizou esta mañá un balance do 2010, explicou que "lle estamos a facer fronte -á crise económica- a dous niveis", por unha banda os investimentos municipais e por outra a creación de emprego directo e a formación teórica e práctica de persoal, que deu traballo a 3.000 e outras 1.000 persoas respectivamente.
Xunto a estas dúas vias, o alcalde aseverou que "estamos actuando na economía produtiva" da cidade, ofrecendo apoio á factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën de forma directa e intermediando ante o Ministerio de Industria, que concedeu á planta de Balaídos axudas por valor aproximado de 100 millóns de euros en 2009 e 2010.
O rexedor vigués apuntou asemade que o programa estatal de incentivos á compra de vehículos mantívose parado durante dous días ata que non foi modificado o primeiro borrador e aceptado por PSA en Vigo, pola presión da cidade.
"Non nos qudamos cruzados de brazos", afirmou Caballero sobre a crise económica e de emprego, e adiantou que nas primeiras xornadas de xaneiro o Concello asinará coa fábrica un convenio de "apoio activo a Citroën". O socialista tamén recordou que "nos metimos de cheo con Vulcano", traballo polo que foi felicitado públicamente pola empresa e os representantes dos traballadores do Astaleiro. "Estamos comprometidos coa industria e os empresarios e os sindicatos o saben", concluiu.
Descargar todas as imaxes