Santi Domínguez pide á cidadanía que respecte as normas de seguridade e o mobiliario urbano durante a Cabalgata
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, mantiveron este martes unha xuntanza coas directivas de El Olivo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para concretar os últimos detalles relacionados coa Cabalgata de Reis, que este ano recupera o percorrido polo centro. O nacionalista destacou que é un dos eventos máis relevantes que se celebran nestas datas e por iso é preciso solucionar as últimas incidencias "para que todo estea preparado".
O nacionalista salientou que na reunión pecháronse cuestións relacionadas coa coordinación de todas as persoas voluntarias que van traballar na tarde do 5 de xaneiro no obxectivo de que todos os nenos e nenas gocen da chegada dos Reis Magos. Tras a xuntanza, Santi Domínguez destacou que estaban tamén se acordou facer facer un chamamento para que a cidadanía atenda as indicacións dos voluntarios, manteña as normas de seguridade e respecte o novo mobiliario urbano das rúas recén humanizadas. O tenente de alcalde quixo agradecer expresamente o traballo de voluntariado que cada ano fan estas dúas entidades da cidade.
A Cabalgata de Reis ten prevista a súa saída ás 18.30 horas dende o cruce das rúas García Barbón e Isaac Peral e o remate ás 20.30 horas na Porta do Sol. Previamente, ás 17:30 horas terá lugar a recepción oficial ás Súas Maxestades os Reis Magos na Porta do Sol.
Descargar todas as imaxes
A Cabalgata de Reis ten prevista a súa saída ás 18.30 horas dende o cruce das rúas García Barbón e Isaac Peral e o remate ás 20.30 horas na Porta do Sol. Previamente, ás 17:30 horas terá lugar a recepción oficial ás Súas Maxestades os Reis Magos na Porta do Sol.