O Pleno demanda que a Deputación de Pontevedra invista na cidade a parte proporcional correspondente á poboación de Vigo
Os votos favorables dos grupos socialista e nacionalista aprobaron este luns unha moción solicitando á Deputación de Pontevedra que destine a Vigo o 35% dos seus investimentos a Vigo, a mesma porcentaxe que representa a poboación da cidade na provincia. O goberno local denunciou o investimento "cero" do organismo en Vigo e a "discriminación" á cidade por ser un goberno de color distinto. O PP local renunciou á súa intervención por non querer participar da "estratexia de confrontación con todas as administracións" do Concello.
A Corporación Municipal de Vigo reclamou este luns no Pleno ordinario que a Deputación de Pontevedra destine á cidade o 35% dos seus investimentos, a porcentaxe que representa a poboación viguesa no total da provincia.
A moción, presentada polo PSdeG e apoiada polo BNG, explica que o organismo que dirixe o "popular" Rafael Louzán realiza investimentos "cero" en Vigo e "está a desatender e a discriminar" á urbe por estar gobernada por un distinto color político. Xunto á reclamación de investimento en base ao peso demográfico vigués, o goberno local demanda que se "aplique un índice corrector para enmendar a falta de investimento nos últimos anos".
O voceiro socialista, Carlos López Font, instou á Deputación a que "atenda as peticións da cidade" que "de forma reiterada" lle veu reclamando o alcalde, Abel Caballero, entre as que citou o arranxo das estradas da súa competencia -por exemplo a provincial- e a humanización de varias rúas viguesas -como Coruña ou Tomás Alonso- que finalmente tivo que acometer o Concello.
Carlos Font recordou que o ente provincial, ao longo destes últimos catro anos, leva orzamentados investimentos por valor de 350 millóns de euros, polo que ten unha "débeda" con Vigo de 120 millóns. O socialista asegurou que o Partido Popular emprega os fondos da Deputación de forma "clientelar", incurrindo nun "agravio comparativo" con outras urbes provinciais.
O nacionalista Xabier Alonso, na intervención do seu grupo político, recordou que a Deputación anunciou 70 millóns de investimentos extraordinarios para loitar contra a crise económica, das que a Vigo lle corresponden "cero euros". Por outra banda, Alonso recordou que aínda agarda resposta do presidente provincial a unha carta de xaneiro de 2009 manifestando a disposición do Concello para conveniar investimentos anunciados para Navia de 25 millóns de euros.
O Partido Popular rexeitou intervir no seu turno de debate da moción argumentando non querer participar na "estratexia de confrontación con todas as administracións" do goberno local. O voceiro do PP no Concello e vicepresidente da Deputación, Chema Figueroa, explicou que o organismo investiu máis de 30 millóns de euros na cidade e criticou que o Concello parou os proxectos provinciais do Colexio Alemán e do complexo deportivo de Navia.
Descargar todas as imaxes