Escoitar

O alcalde visitou Vigolandia, onde a Policía Local montou tres parques de tráfico para familiarizar á infancia coa educación vial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou na tarde de onte domingo a feria Vigolandia no Instituto Feiral de Vigo, onde a Policía Local participou coa montaxe de tres parques de tráfico para nenos de entre 5 e 14 anos. Con actividade teórica e práctica, o departamento de Educación Vial procura sensibilizar aos máis pequenos dos perigos das estradas e darlles a coñecer as sinais de tráfico mediante debuxos animados.

luns, 27 dec 2010
1293457147vigolandia.jpg
A Policía Local dispuxo en Vigolandia un parque para nenos de 5 a 9 anos, onde aprenden cos debuxos animados as sinais de tráfico e percorren posteriormente o circuito en bicicleta o triciclo atendendo ás normas viarias.

Os nenos de 9 a 14 anos aprenden tamén as reglas de circulación e un axente da Policía Local de Vigo ensínalles a sinalización para percorrer o circuito en bicicleta, tamén tutorados por monitores e varios efectivos de seguridade.

O terceiro parque é para nenos e nenas de entre 11 e 14 anos cunha estatura igual o superior a 1,35 metros. Axentes explícanlles as sinais e as normas do percorrido, que o completan con karts. Todos os participantes de todas as idades reciben posteriormente un agasallo municipal.
Descargar todas as imaxes