Os días 28 e 29 celebraranse as probas de selección para participar na orquestra xuvenil Xovigo
Os vindeiros días 28 e 29 de decembro terán lugar as probas de selección para participar na orquestra xuvenil Xovigo. Hai xa máis de 112 persoas incritas, un feito único para unha orquestra de nova creación, segundo indicaron os responsables da Asociación Galega de Música Atlantic Musik, promotores da iniciativa, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía.
Para participar neste proxecto podíanse inscribir rapaces de rapazas de entre 14 e 25 anos de toda Galicia. A orquestra terá profesorado de ámbito internacional como Kzystof Chorzelski, que tamén participa activamente no proxecto.
As probas de selección desenvolveranse de 10 a 22 horas no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Pódese ter máis información chamando ao teléfono 682148881 (en horario de 17 a 19 horas) e a través da páxina asociacionatlanticmusik@gmail.com.