Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá xoves a actuación do coro Concento, dirixido por Joam Trilho

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultura no Auditorio Municipal continúa mañá cun concerto. Trátase da actuación que ofrecerá o coro Concento ás 20.30 horas, dirixido polo compopsitor Joam Trilho. O prezo das entradas é de 5 euros, que se poden adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.

mércores, 22 dec 2010
Esta formación, Concento de Vigo, naceu recentemente co apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura co obxectivo de promover o coñecemento musical entre os seus membros, pero tamén para promocionar a cidade a través da música coral. É un coro semiprofesional que aspira a consolidarse coa interpretación do máis esixente repertorio coral que nesta ocasión interpretará temas relacionados co Nadal. O programa deste concerto e do resto de actuacións organizadas pola Concellería de Cultura pódese consultar na web www.vigocultura.org.