martes, 21 decembro 2010

O alcalde anuncia a conxelación do billete do VITRASA para 2011 e do bono universitario e a rebaixa dun céntimo nas tarxetas verdes

Abel Caballero avanzou hoxe martes que o Concello de Vigo non cargará sobre o billete e os bonos a subida establecida para 2011 no contrato con VITRASA e manterá os prezos deste ano no ordinario e para universitarios, e rebaixará un céntimo as tarxetas restantes. O Concello sufragará con medio millón de euros esta baixada de prezos -a primeira vez que acontece en Vigo-, "un gran esforzo" municipal derivado da "crise moi dura" que estamos a atravesar.

O goberno local aproba humanizacións de rúas por valor de 4,2 millóns de euros

martes, 21 dec 2010

O alcalde, Abel Caballero, informou este martes da Xunta de Goberno Local celebrada onte, e na que aprobáronse clasificacións de ofertas, aprobacións iniciais na práctica, de humanizacións de rúas por valor de 4,2 millóns de euros correspondentes ao orzamento de 2010. A reforma dos viais -como Oporto, Martínez Garrido ou Vázquez Varela entre outros- iniciarase a mediados de xaneiro aproximadamente.

Caballero garante "compromiso" municipal para ampliar as instalacións da multinacional Borgwarner, que creará 200 empregos

martes, 21 dec 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, comprometeron este martes "todo o compromiso deste Concello" na ampliación das instalacións da multinacional estadounidense Borgwarner Emissions Systems, que emprega en Zamáns a máis de 400 persoas. O proxecto precisa de 15.000 metros cadrados máis e crearía 200 postos de traballo. "Segue habendo grandes multinacionais que apostan por Vigo", asegurou o alcalde.

A Orquestra Vigo 430 actuará mañá mçercores no Auditorio Municipal cun programa que inclúe música de Vivaldi, Corelli e Haendel

martes, 21 dec 2010

O Auditorio Municipal acolle mañá a actuación da Orquestra Vigo 430, integrada na programación estable de artes escénicas organizada pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O concerto comezará ás 20.30 horas e o prezo das entradas será de 5 euros. Pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.