xoves, 23 dec 2010
O alcalde, Abel Caballero, deu conta da Xunta de Goberno Local celebrada este xoves e na que se contrataron humanizacións por valor de 4 millóns de euros en Aragón, Ramón Nieto ou a rúa Cangas, entre outras. Segundo recordou, o goberno local liberou humanizacións só esta semana por 8 millóns de euros, que iniciarán as obras en torno ao 15 de xaneiro. Estas reformas significan "moito emprego", aseverou, beleza e economía na cidade.
xoves, 23 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que as obras da nova Pinacoteca estarán rematadas a finais do mes de marzo. Será a culminación dun proxecto que, segundo dixo, "vai ser unha das infraestruturas que máis significativamente vai incidir na recuperación intensa que estamos a facer do Casco Vello".
xoves, 23 dec 2010
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron este xoves o obradoiro infantil que VigoZoo organiza polo Nadal nos catro Centros Cívicos municipais para nenos de 3 a 13 anos, ata o 7 de xaneiro. Alí presentouse o primeiro conto editado polo organismo que dirixe a edil socialista, chamado "Os Larpeiros do Nocturama".
xoves, 23 dec 2010
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, participaron o pasado martes na tradicional festa do voluntariado, na que o Concello ofrece o seu recoñecemento a aquelas persoas, entidades e asociacións que participan activamente na Oficina Municipal de Voluntariado, recolle as súas suxerencias de mellora de cara ao futuro e entrega os diplomas dos cursos de formación que imparte o departamento. O acto tivo lugar no Salón de Actos do edificio muncipal do Areal coa presenza de decenas de voluntarios.
xoves, 23 dec 2010
Os vindeiros días 28 e 29 de decembro terán lugar as probas de selección para participar na orquestra xuvenil Xovigo. Hai xa máis de 112 persoas incritas, un feito único para unha orquestra de nova creación, segundo indicaron os responsables da Asociación Galega de Música Atlantic Musik, promotores da iniciativa, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía.
xoves, 23 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, indicou que todos os aspectos positivos que apunta o estudo elaborado pola Fundación Karpin sobre o Casco Vello refírense ao traballo desenvolvido nos últimos tres anos no barrio histórico desde a Tenencia de Alcaldía. En resposta aos medios sobre a valoración desde informe, apuntou que "todo o positivo" que analiza son a cuestións como a mellora da accesibilidade, a dinamización ou a mellora de servizos e rúas. "Este análise reforza que o estamos a facer ben no traballo de recuperación do barrio", afirmou.