Escoitar

O tenente de alcalde reafirma o seu compromiso coas políticas sociais na visita ao centro de día de Coia

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reafirmou hoxe o seu compromiso coas políticas sociais para acadar a mellora do benestar da cidadanía na visita que realizou xunto á concelleira de Benestar Social, María Méndez, ao centro de día de Coia, ubicado na rúa O Grove. Os nacionalistas anunciaron que no vindeiro pleno defenderán unha moción esixindo á Xunta que non recorte os orzamentos que debe aportar aos concellos para a área social. "Nós duplicamos o noso orzamento de Benestar para atender ás necesidades que ten a cidade, por iso nestes momentos non se pode permitir que a Xunta reduza as aportacións que ten que facer", dixo.

mércores, 22 dec 2010
1293025721Centrodedia.JPG
O centro de día da rúa O Grove, con capacidade para 70 prazas, é financiando ao 30% pola Concellería de Benestar Social. Santi Domínguez explicou que o vindeiro ano destinaranse 264.600 euros das arcas municipais para o mantemento desta dotación social. "Este é un exemplo máis da nosa firme aposta pola política social. É un compromiso do BNG ao que estamos dando cumprimento", afirmou. O tenente de alcalde lembrou que este centro de día foi, xunto ao que en breve se abrirá en Valadares, son dúas das dotación sociais que a Vicepresidencia da anterior Xunta, xestionada polo BNG, puxo en marcha na nosa cidade.

O nacionalista explicou que desde que o BNG está no goberno da cidade duplicouse o orzamento de Benestar Social, pero lamentou que desde a Xunta se teñan reducido ás achegas aos concellos para diferentes plans e programas "xusto agora que é cando a cidadanía máis precisa o apoio das administracións". A este respecto a concelleira de Benestar Social explicou que no vindeiro pleno defenderá unha moción instando á Xunta e ao Parlamento galego a que os orzamentos de 2011 "aseguren os recursos necesarios para que os concellos poidan ofrecer á sociedade os servizos e prestacións sociais que esta demanda e necesita, especialmente diante da crise económica e social que atravesamos".

María Méndez dixo que os orzamentos elaborados pola Xunta par 2011 "recortan drasticamente os recursos destinados ás políticas sociais e fano especialmente nas aportacións que ten que facer aos concellos". A responsable de Benestar Social salientou especialmente a necesidade de garantir os recursos destinados ás rendas de integración social, axudas de emerxencia social, servizo de axuda no fogar, plan concertado e programa de servizos social. Defendeu a necesidade de que se desenvolva o plan galego de inserción social.
Descargar todas as imaxes