O Concello ofreceu o seu agradecemento ás entidades, asociacións e cidadáns que colaboran coa Oficina Municipal de Voluntariado
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, participaron o pasado martes na tradicional festa do voluntariado, na que o Concello ofrece o seu recoñecemento a aquelas persoas, entidades e asociacións que participan activamente na Oficina Municipal de Voluntariado, recolle as súas suxerencias de mellora de cara ao futuro e entrega os diplomas dos cursos de formación que imparte o departamento. O acto tivo lugar no Salón de Actos do edificio muncipal do Areal coa presenza de decenas de voluntarios.