O tenente de alcalde fixa a finais de marzo o remate da Pinacoteca e avanza que reunirá entre 160 e 200 obras
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que as obras da nova Pinacoteca estarán rematadas a finais do mes de marzo. Será a culminación dun proxecto que, segundo dixo, "vai ser unha das infraestruturas que máis significativamente vai incidir na recuperación intensa que estamos a facer do Casco Vello".
O nacionalista avanzou, durante a visita que fixo ás obras acompañado do concelleiro de Patrimonio Histórico, que a Pinacoteca contará cunha selección de obras de pintura e escultura dos fondos municipais de entre 160 e 200 pezas, que representan o mellor da arte galega contemporánea. Ademáis explicou que se desenvolverán tamén exposicións temporais. "Imos cumprir algo que a cidade agardaba desde hai moito tempo: poder visualizar a gran xoia que atesoura e que ata agora estaba agochada", indicou.
O tenente de alcalde asegurou que "vai ser a Pinacoteca máis importante do noroeste peninsular". Dixo que unha proba da relevancia deste proxecto é que a súa próxima apertura está xa espertando un grande interese tanto en diferentes puntos do Estado como no estranxeiro. "Vai ser un atractivo moi importante para a cidade. Estamos recibindo moitas chamadas de xente interesada", afirmou.
Santi Domínguez indicou que tras o atraso inicial que sufriron as obras polas numerosas catas arqueolóxicas que houbo que facer, agora os traballos marchan a bo ritmo. O proxecto, cun orzamento próximo aos 3 millóns de euros, está financiando con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego de 2010, pero o goberno do Estado concedeu xa unha prórroga para rematar os traballos nos primeiros meses de 2011.
Nos vindeiros días rematarase o traballo da estrutura e xa a partir de xaneiro traballarase no acondicionamento interior do edificio. O tenente de alcalde salientou o gran traballo que se está a facer na rehabilitación do Pazo Arias Taboada conxugando "a modernidade e a preservación do noso patrimonio histórico e das raíces do Casco Vello" .
A Pinacoteca terá unha superficie expositiva de 1.475 metros cadrados. O edificio estará distribuído en baixo, tres andares, unha entreplanta técnica e un pequeno cuarto andar que se corresponderá coa torre do pazo.
Descargar todas as imaxes