Escoitar

Santi Domínguez di que "todo o positivo" do informe da Fundación Karpin refírese ao traballo feito neste mandato

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, indicou que todos os aspectos positivos que apunta o estudo elaborado pola Fundación Karpin sobre o Casco Vello refírense ao traballo desenvolvido nos últimos tres anos no barrio histórico desde a Tenencia de Alcaldía. En resposta aos medios sobre a valoración desde informe, apuntou que "todo o positivo" que analiza son a cuestións como a mellora da accesibilidade, a dinamización ou a mellora de servizos e rúas. "Este análise reforza que o estamos a facer ben no traballo de recuperación do barrio", afirmou.

xoves, 23 dec 2010
Santi Domínguez lembrou que o seu compromiso foi completar a recuperación do Casco Vello en dous mandatos, pero salientou que o impulso que se lle ten dado neste tres anos non ten sido definitivo para o proceso. "Fixemos o que nunca se fixera", afirmou. Segundo dixo, cando asumiu a responsabilidade de xestionar o Casco Vello "era como unha habitación desordenada que ninguén se atrevía a poñer en orde porque non sabía por onde empezar. Hoxe podemos dicir que unha parte moi importante desa habitación xa está ordenada".

O tenente de alcalde considerou moi positivo o impulso que a Fundación Karpin vai a darlle á recuperación do barrio. A este respecto indicou que está aberto a colaborar coa iniciativa privada que contribúa á mellora do Casco Vello. Santi Domínguez precisou que "todos sabemos que as rehabilitacións son procesos lentos e por iso é importante que a iniciativa privada tamén se involucre, porque as administracións soas non podemos abordar en pouco tempo un ámbito tan amplo".