mércores, 29 dec 2010
O alcalde afirmou que as inauguracións de reformas de rúas efectuadas polo Concello en 2010 acadaron o medio centenar, aos que súmanse outras 60 humanizacións que foron licitadas e contratadas ao longo do presente ano. Caballero afirmou tamén que se inauguraron e reformaron 31 parques infantís, 14 biosaudables, 11 pistas deportivas e o goberno local licitou e contratou outros 50 parques para os máis pequenos nestes doce meses.
mércores, 29 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores que o transporte público do Casco Vello, que inclúe servizo de autobús e bicicletas eléctricos, está xa adxudicado e comezará a funcionar no vindeiro mes de marzo. O nacionalista afirmou que este proxecto ten o obxectivo de mellorar a mobilidade do barrio, resolvendo os problemas de accesibilidade. Ademáis explicou que durante a fase experimental da implantación do autobús, con capacidade para 22 pasaxeiros, o servizo será gratuíto.
mércores, 29 dec 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, no balance do ano 2010, estimou que 13.000 estudantes participaron nalgunha das actividades que a Concellería de Educación vén desenvolvendo nos centros escolares vigueses para que os alumnos e alumnas melloren o seu nivel de inglés. Recordou tamén que 350 escolares viaxaron a estudar idiomas no estranxeiro sufragados polo Concello e o goberno local concedeu unhas 3.500 axudas de comedor escolar.
mércores, 29 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este mércores ao Carteiro virtual dos Reis Magos, que durante estes días recolle as peticións dos nenos e nenas de Vigo no Auditorio Municipal. O nacionalista aproveitou para solicitarlle que a maxia dos Reis Magos faga que no 2011 mellore a situación económica para superar o "fondo bache do paro" no que están moitas familias.