Escoitar

Abel Caballero asegura que o Concello humanizou 110 rúas no ano 2010

O alcalde afirmou que as inauguracións de reformas de rúas efectuadas polo Concello en 2010 acadaron o medio centenar, aos que súmanse outras 60 humanizacións que foron licitadas e contratadas ao longo do presente ano. Caballero afirmou tamén que se inauguraron e reformaron 31 parques infantís, 14 biosaudables, 11 pistas deportivas e o goberno local licitou e contratou outros 50 parques para os máis pequenos nestes doce meses.

mércores, 29 dec 2010
1293630028huamzaniocesn.jpg
O balance do ano realizado este mércores polo primeiro edil arroxa unha cifra de 110 rúas que foron inauguradas e contratada a súa humanización neste 2010, en Vigo "tres veces o que se fixo en toda a democracia".

Xunto ás humanizacións, o Concello abriu 31 parques infantis novos ou reformados e ampliados e contratou e licitou outros 50 máis. Ademais, o goberno local habilitou 14 espazos biosaudables e 11 pistas deportivas.

O repaso ao 2010 efectuado por Abel Caballero incluíu tamén "o tema político-económico máis relevante" do ano, as caixas de aforros, onde Vigo "torceulle o pulso á Xunta de Galicia" e fixo posible que a andadura conxunta das financeiras galegas fora liderada pola caixa viguesa. "É un gran logro desta cidade", apuntou.

Caballero recordou que este ano asistiu á aprobación do cuarto orzamento municipal consecutivo, a primeira vez que acontece na democracia viguesa, que ao tempo é a gran cidade en réxime común menos endebedada de España, ao reducir a porcentaxe do 45% de 2007 ao 19% do último dato dispoñible.

Tamén é a primeira vez que as tarifas do autobús público de Vigo experimentan unha reducción, ao manterse a ordinaria e baixar as tarxetas verdes. Esta medida débese á crise económica, ante a que o goberno que dirixe Caballero quere "dar un apoio" aos cidadáns.

O primeiro edil tamén subliñou o servizo de limpeza municipal, que "funciona ben", e recibiu en 2010 a segunda Escoba de Platino que recoñece o "esforzo conxunto de todos" para conseguir unha "cidade limpa". Neste eido, recordou o rexedor que se destinaron 10 millóns de euros para a renovación de "prácticamente todos os vehículos" de limpeza e o goberno local dispuxo a 46 persoas para traballar en nove brigadas específicamente para o rural vigués.

Seguridade
O alcalde fixo especial fincapé na evolución das políticas de seguridade viaria e efectivos policiais neste ano. Actualmente, a cidade conta con 70 pasos de peóns elevados e 175 bandas reductoras de velocidade, cando en 2007 só había un dos primeiros. Ademais, no ano 2010 créanse 46 prazas para axentes da Policía Local, un dato que sube a 71 contando todo o mandato actual.

Os materiais para os axentes do corpo municipal de seguridade tamén incrementáronse con 25 novos vehículos adquiridos e 22 xa contratados polo sistema de renting, e que entrarán en funcionamento o próximo ano.
Descargar todas as imaxes