Escoitar

Santi Domínguez pide ao carteiro dos Reis Magos que no 2011 mellore a situación económica e se xere emprego

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este mércores ao Carteiro virtual dos Reis Magos, que durante estes días recolle as peticións dos nenos e nenas de Vigo no Auditorio Municipal. O nacionalista aproveitou para solicitarlle que a maxia dos Reis Magos faga que no 2011 mellore a situación económica para superar o "fondo bache do paro" no que están moitas familias.

mércores, 29 dec 2010
1293631797Carteiro.JPG
"Estamos nun momento difícil no que hai xente que o está pasando mal e quedou no paro. Por iso quero pedirlle aos Reis Magos que para este 2011 nos traian mellor situación económica, máis traballo e que axuden as familias que nestes días o están pasando mal", manifestou o tenente de alcalde. O nacionalista tamén fixo referencia ás empresas e o pequeno e mediano comercio da cidade e desexoulles que teñan un "bo ano de vendas"

Santi Domínguez tamén lles pediu ás SS.MM. que aos nenos e nenas de Vigo lles traian todo o que pediron, "que se lles concedan todos os seus desexos e ilusións", porque foron moi bos. Ademáis, trasladoulle ao Carteiro virtual o seu desexo de que "cada vez haxa máis xente que fale galego na cidade" e que aumentaran as gañas por traballar por Vigo. Ao respecto, o Carteiro, de orixe marroquí, comentou que este era o primeiro ano que pasaba na cidade e que estaba "encantado" porque é unha cidade "fermosísima".

O tenente de alcalde expresou os seus mellores desexos asemade para o Celta, e pediu aos Reis Magos que ascenda a Primeira División, "algo non complicado", segundo o Carteiro real, porque o equipo está facendo ben as cousas. Santi Domínguez, que estivo acompañado, dos concelleirosde Cultura, Xesus López, Benestar Social, María Méndez, Igualdade, Iolanda Veloso, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, pediu tamén os maiores éxitos para os demáis clubes e entidades da cidade.
Descargar todas as imaxes