martes, 28 dec 2010
O alcalde de Vigo asegurou este martes que o Concello de Vigo está disposto a realizar o mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo. En rolda de prensa, Caballero informou da remisión dun escrito á Autoridade Portuaria a mediados de decembro amosando a "satisfacción" municipal pola iniciativa e solicitando coñecer detalles do proxecto e do posterior mantemento da zona, que ata o momento vén realizando o Concello.
martes, 28 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, mantiveron este martes unha xuntanza coas directivas de El Olivo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para concretar os últimos detalles relacionados coa Cabalgata de Reis, que este ano recupera o percorrido polo centro. O nacionalista destacou que é un dos eventos máis relevantes que se celebran nestas datas e por iso é preciso solucionar as últimas incidencias "para que todo estea preparado".
martes, 28 dec 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, animou aos vigueses e viguesas a participar na sexta edición da "carreira popular e non competitiva" San Silvestre, que se celebrará o vindeiro 31 de decembro no parque de Castrelos a partir das 17 horas. O nacionalista destacou que a proba "combina deporte e solidariedade", xa que as persoas que queiran participar deberán doar alimentos non perecedoiros a modo de inscrición que serán entregados ao Banco de Alimentos.