O alcalde fixo entrega dos diplomas aos 125 alumnos dos cursos de informática de Participación Cidadá
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, fixeron este xoves entrega dos diplomas aos 125 alumnos e alumnas que atenderon aos cursos de informática organizados polo Concello nos catro centros cívicos municipais. Os participantes adquiriron coñecementos prácticos sobre navegación en Internet e procesadores de texto e cálculo, entre outras materias.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor, fixeron este xoves entrega dos 125 diplomas dos cursos de informática organizados polo devandito departamento municipal.
O acto tivo lugar no Centro Cívico do Casco Vello, un dos catro municipais onde impartíronse os estudos ao alumnado inscrito. Os cursos versaron sobre distintos aspectos como o entorno Windows, a iniciación a Internet, as ferramentas de traballo do programa OpenOffice ou o uso do DNI electrónico.
Descargar todas as imaxes