O tenente de alcalde anuncia que o mercado do Berbés reformarase no 2011 e será un novo atractivo turístico de Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este xoves o mercado do Berbés co obxectivo de despedir o ano cos comerciantes deste emblemático mercado municipal. No acto, o nacionalista anunciou que nos vindeiros días, xa de 2011, terán a presentación dunha nova importante, como é a remodelación do mercado, que "o configurará como atractivo turístico de Vigo".
"Despois do forte investimento que estamos realizando no mercado do Progreso, este será o seguinte mercado imos reformar", avanzou Santi Domínguez. O nacionalista explicou que a remodelación que se presentará proximamente é un proxecto "moi bonito" que manterá "o bo" das actuais instalacións, pero que tamén incluirá novidades. Indicou que será do estilo do madrileño mercado de San Miguel, aínda que "mellorado".
O tenente de alcalde asegurou tamén que no 2011 haberá novas axudas ao comercio, ao igual que nos dous últimos anos, xa que "sempre estamos a vosa disposición porque temos que competir cos grandes áreas comerciais". Neste sentido asegurou que os comerciantes do mercado do Berbés están traballando "con moito esforzo" para competir e con produtos de "gran calidade".
Descargar todas as imaxes